Embarcacións con criterios de sostenibilidade

J. M. Otero - Dpto de Latín

Colaboraron: María Oliveira e Raquel Crespo - 4º ESO

 

DORNA E GAMELA, RESPECTO E COIDADO DO SITEMA MARIÑO

DAS RÍAS BAIXAS

A DORNA, O BARCO DE ONS E AROUSA

A dorna é un barco pequeno de pesca propio das Rías Baixas, especialmente da illa de Ons.

A illa de Ons era moito máis que una illa pequeña ao norte de Cies, na boca da ría de Pontevedra. Era unha completa comunidade rural galega que se autoabastecia coa agricultura, a gandería e a pesca, principais fontes de ingresos, e cunha marcada cohesión social cara o exterior; chegou ata mediados dos anos sesenta sen moita intromisión allea. Perduraban na Illa usanzas e costumes, que en moitos outros lugares non sobreviviron os tempos da Guerra Civil, recordos vivos da Galicia aldeá.

A orixe da dorna

É a partir dos anos 60 cando se comezan a realizar estudos máis completos e profundos sobre esta embarcación, aínda que os distintos autores só achegaron indicios xenéricos.

O sistema construtivo segue as técnicas nórdicas pero con dúas características diferenciais: a clara distinción entre proa e popa e a multiplicación das madeiras que serven de costelaxe.

A maior parte dos investigadores están de acordo coa orixe nórdica, e ningún deles cita que o barco se imitou, e a súa aparición sitúase entre os séculos XIII e XV, sendo probablemente a ría de Arousa, concretamente na zona da costa norte, o lugar onde as dornas teñen a súa orixe.

Construción de dornas

A construción das dornas ten unha longa tradición en toda a Galicia costeira, pero hoxe dunha maneira especial no entorno das Rías Baixas.

O tamaño da dorna mídese por cuartas de quilla (cuarta a 21 cm.) Na actualidade as que teñen unha dimensión entre 7.5 e 9 cuartas son as máis solicitadas.

Emprégase madeira de carballo ou piñeiro, e o dobrado das táboas conséguese sumerxíndoas en auga quente.

Fot.José Luis Iglesias Garrote

A técnica de construción ten dous trazos característicos que a diferencian do resto das pequenas embarcacións: partir do casco para logo colocar a cavernaxe e superpor as táboas do casco como tellas, que é o que se denomina calime.

O proceso enteiro de construción é complicado, xa que se fai manualmente, pero con excelentes resultados.

Tipos de dornas en función do seu uso.

A dorna presenta múltiples variantes segundo o uso ao que estea destinada, e isto convértea nunha embarcación moi funcional para o traballo no mar.

Podemos clasificar as dornas de moitos xeitos:

Graf.Staffan Mörling

Tamén se realizan distincións entre as dornas segundo os sistemas de propulsión empregados, se posúen ou non un motor, según os materiais e para rematar segundo o lanzamento da proa.

Nas Rías Baixas hai una flota dun cento de unidades, e aínda que a maior parte se dedican á pesca e dispoñen dun motor fora-borda, hay hai un bo número que volven a navegar a vela co seu aparello de relinga, eficaz e sinxelo, pero que necesita ser manexado con habilidade se se queren evitar quebras so pau o ou emborcados.

Especies de pesca en dorna

Os lugares onde os peixes poden ser capturados divídense en dúas áreas: o limpo, nos fondos de area, e o seco, nas pedras.

As especies se capturan desde as dornas da son en fondos limpos. As principalmente capturadas son: solla, linguado, escadiña, congro, faneca, curubelo, buraz, maragota, serráns, piones.

Fot. José Luis Iglesias Garrote

As dornas tamén seguen a empregarse para a captura de mariscos. Os que se adoitan capturar nesta zona son: ameixa fina, ameixa babosa, choco, lura, polvo, nécora, camarón, centola.

Moitas delas están en perigo de extinción, polo que está prohibida a súa captura para evitar a desaparición.

A GAMELA CORUXEIRA

A súa denominación procede do latín ”camelus” = camelo>”camella” = vaso de madeira para o sacrificio. Gamela en galego e una vasilla grande e tamén una artesa.

 

Graf. Staffan Mörling

Tanto dorna como gamela son denominacións antigas e ámbalas dúas teñen particularidades de construcción que levan a pensar embarcacións primitivas: o emprego de poucas tablas e moi anchas en composición simétrica e a sustitución do armazón de cuadernas por reforzos separados.

Polo demais son moi distintas: a dorna contruese a partir da quilla e a gamela non ten quilla, é como una artesa.

 

Fot.José Luis Iglesias Garrote

A gamela tipo "Coruxo" é a máis estendida pola ría de Vigo e mantén a súa vixencia para a pesca artesanal dentro da ría nas súas diversas modalidades, aínda que naturalmente se lle axusta motor fora borda para facer mais fácil o labor cotiá.

Fot.José Luis Iglesias Garrote

Están construídas na súa totalidade con madeira de piñeiro e en tamaños lixeiramente diferentes; o seu éxito radica na súa facilidade de varada (un rodete de madeira e unhas táboas son suficientes para subila pola praia) e o seu pouco calado facilita a súa navegación nas zonas rochosas preto da costa.

Para o fondeo moitas seguen utilizando a ancestral poutada de pedra. Empeza a callar un movemento de recuperación de embarcacións tradicionais que dá un uso recreativo e a vela a estas embarcacións que moi pronto desaparecerán para o seu uso na pesca de baixura.

A gamela igual que a dorna podía levar vela ancorada nun gancho na cara de popa da pasteca, tanto a mística como a latina. Era o deseño do timón, cara atrás en forma de S invertida o que lle permitíao emprego de vela.

 

Fot.José Luis Iglesias Garrote

ARTES DE PESCA

Tanto a dorna como a gamela son embarcacións que se dedican á pequena pesca, a que se fai con anzois, redes, nasas, rastros ou forcadas. Son artes que hoxe en día seguen en uso, artes coas que é posible sacar proveito do mar e que dan unha imaxe do mariñeiro como xente que é moi sabedora de que no respecto e coidado do sistema mariño reside o seu benestar futuro.

A pesca tradicional é unha mina de saberes referidos ao mar, só aqueles que procuran gañancias rápidas negan as súas bondades.

Palangre: É a arte máis selectiva.

Utiliza varios aparellos e anzós fondeados con axuda de plomos. Cada  capacho está formado por un cordel longo (de 100 a 200 metros) e groso chamado cabo nai provisto de ramais máis finos chamados brazoladas ou reinais fixado ao extremo de cada un deles un anzo – 30 anzos en cada palangre

Nasas

Úanse para a captura do polbo ou mariscos como nécoras, camarón, etc. Lárganse en tandas de unhas 30 nasas cada una, unidas entre elas por un cabo llamado nai e cunha baliza a cada extremo para su recogida.

Trasmallo

O trasmallo é una arte de enmalle que consiste nunha rede que colga desde a superficie da auga hasta o fondo, coa axuda de flotadores e plomos, capturando os peixes ao embestir contra as redes, os peixes realizan movementos intentando saír, que fan que se enreden máis chegando a formar unna especie de bolsa.

EPÍLOGO

Os tempos moudan e poucas son xa as embarcacións tradicionais que navegan as rías, salvo no pequeño reducto das rías de Pontevedra e Vigo, e  cada vez é menor a importancia que van tendo na pesca artesanal. Os tripulantes son de idade avanzada que seguen navegando por que non atopan na familia a ninguén que queira herdar a profesión.

Semella que a fin destas embarcacións será morrer baradas en calquera praia, taciturnas e escépticas como os homes que as gobernaron.